Manuel Luis Álvarez: ‘Non podo deixar a Pontecesures nas mans destes personaxes tan curiosos da oposición’

Publicado por Antonio Cortés en

p(centrado). altoparlante.jpg

O nacionalista Manuel Luis Álvarez Angueira afronta a recta final da súa segunda lexislatura á fronte do Concello de Pontecesures; un mandato duro no que a ruptura do goberno tripartito que compartía cos independentes Luis Ángel Sabariz e Maribel Castro – que aínda segue a ser a súa socia – deu un xiro a situación municipal. En minoría, a gobernabilidade complicouse pero Angueira está satisfeito das cousas logradas «a pesar da oposición», á que acusa de «acosarme permanentemente». Segue a ter ilusión por traballar polo municipio e, por iso, avanza que optará de novo á reelección nos comicios de maio de 2007 cun obxectivo claro: acadar a maioría absoluta.


Álvarez Angueira recoñece que lle quedan por diante seis meses complexos, pero é da opinión de que o tempo pon a cada un no seu sitio e por iso mantén a esperanza de que as eleccións de maio marquen un punto de inflexión na súa traxectoria como alcalde e lle outorguen a maioría que precisa para ??gobernar máis e mellor Pontecesures? sen ter que estár sometido ós designios dunha oposición que, hoxe en día, ten o control do Pleno.

¿Está a ser unha lexislatura complicada?

As dúas lexislaturas que leva o BNG no poder foron complexas porque estivemos en minoría. Aínda así na primeira o pacto co PSOE permitiu que houbera unha estabilidade e se foran facendo cousas. Na segunda os socialistas non quixeron entrar a formar parte do goberno, quizáis por resentemento do resultado electoral. Optaron por unha actitude hostil dende o primeiro momento, pensando que así ían fastidiar ó alcalde, pero a quen realmente fastidian é ós veciños. Curiosamente, cando consigo a adicación exclusiva e se supoñía que podería xestionar con máis eficacia o Concello, foi cando viñeron os problemas. Un membro do goberno, o señor Sabariz, asustouse no sentido de que pensou que se eu tiña a exclusiva para poder traballar, podería lograr en 2007 a maioría absoluta e prescindir del. A partir de aí, PSOE, PP e ACP plantexaron unha estratexia perfectamente pensada para facer unha piña constante e bloquear a xestión municipal. Estamos en minoría e se facemos moitas cousas é gracias ó apoio da Xunta, porque se por eles fora sería completamente imposible e o Concello viviría unha parálise total. O seu único obxectivo é bloquear e torpedear a xestión municipal e só podemos esperar que no vindeiro mes de maio as urnas poñan a cada quen no seu lugar. Ademáis eles teñen a posibilidade legal de plantexar unha moción de censura e se queren gobernar, que gobernen; pero se non, que deixen gobernar ós demáis.

¿A que se debe este estado de crispación constante que vive Pontecesures?

Eso é precisamente o que pretende a oposición, xerar este tipo de tensión e trasladala ó Pleno, raiando ás veces a mala educación ou incluso insultando. Facendo dos Plenos un circo constante e dando unha imaxe nefasta de Pontecesures cara o exterior. Pero esta crispación non se percibe na cidadanía, os veciños están fartos deste tipo de comportamentos totalmente provocadores, están fartos de que haxa cartos e se perdan porque a maioría da Corporación non apoia os proxectos, e están fartos dos espectáculos mediáticos. A xente de Pontecesures o que quere é tranquilidade e que se lles resolvan os seus problemas. A actitude da oposición chega incluso ata tal punto de que ata lles molesta que se apoie ós clubes deportivos como pode ser o Náutico. Mentras eu sexa alcalde o deporte en Pontecesures vai estar apoiado polo Concello na medida das nosas posibilidades, e se non somos capaces porque a oposición o cuestiona, buscarei na Xunta ou onde sexa tódalas axudas que sexan necesarias para que estes clubes vivan e teñan actividade.

¿Cal é a súa opinión sobre o que pretende conseguir a oposición con esta actitude?

Creo que é un problema personal que teñen contra min. Queren emporcar a miña xestión con temas coma o do gasoil e queren ademáis deixar ó BNG desprazado. O exemplo está na Comisión do Obradoiro de Emprego, pretendían deixar fóra ó BNG para integrala eles e iso non pode ser. Eu estou aberto a negociar pero é difícil porque lles importa moi pouco o que se consiga para o noso pobo, o que queren é dificultar a miña tarefa e desprestixiarme incluso no ámbito persoal e familiar polas tabernas, o que é lamentable. ¿Onde se ve esto? Hai que ter unha vida moi pobre para estar pensando, como fai o señor Sabariz, única e exclusivamente no alcalde tódolos días e a tódalas horas. Debo ser moi importante na súa vida. Nos últimos meses presentou no Concello máis de cento e pico escritos, é un acoso total o que estou a sufrir.

¿Está a perxudicar ó municipio esta situación?

Evidentemente. Por exemplo, no referido ó polígono industrial, PP, PSOE e agora parece que tamén ACP están molestos, pero estamos falando dun investimento de case 3.500 millóns das antigas pesetas para vivendas, infraestructuras deportivas, gardería, naves industriais do sector terciario e zonas comerciais. ¿Que Concello se pode permitirse o luxo de perder isto? Evidentemente o proxecto necesita o apoio do Pleno para modificar o Plan Xeral e pasar o terreo de solo rústico a indutrial residencial. E ese iso non se fai, non haberá polígono nin avance para Pontecesures. Outro exemplo é o Centro de Día: levamos a Pleno a inclusión no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e a oposición buscou excusas para non votar a favor, cando se non nos adherimos posiblemente non poidamos ter o Centro de Día, unha infraestructura moi importante que suporía unha inversión de 200.000 euros. Teñen moi pouco sentido da responsabilidade e só pensan en sacar catro votos, chegando ó extremo de que Sabariz, que é unha caricatura de si mesmo, sacaba o selo do Concello para ir ós velatorios, utilizando as desgracias para estar presente e sacar votos. ? patético e lamentable. En definitiva, que a relación coa oposición é mala porque a personalizan eles. Creo que non asumiron os resultados electorais de 2003 e na súa frustración pretenden culpar ó alcalde dos seus fracasos cando, en realidade, con ese ánimo revanchista só perxudican ós veciños. Non queren que Pontecesures avance.

¿A perda da adicación exclusiva e a expulsión de Sabariz do equipo de goberno marcou un punto de inflexión?

Durante sete anos Sabariz estivo no equipo de goberno e, de repente, decide apoiar a retirada da miña exclusividade. Evidentemente foi expulsado por desleal e a súa actitude cambiou totalmente. Antes estaba ben un pleno cada dous meses, agora non; antes estaba ben a exclusiva, agora non; antes estaba ben o polígono industrial, agora non. ¿Que se pode esperar dunha pesoa que ten actitudes tan cambiantes? Si é certo que unha vez expulsado quedamos en minoría e iso reportou inestabilidade para o Concello. PP e PSOE atoparon un aliado de conveniencia e ese é o grupo que temos enfrente: un grupo con tres siglas pero que no fondo é o mesmo. Ademáis a actitude do PP creo que é lamentable, co novo presidente local, Rafael Randulfe, encirrando e incitando ós demáis grupos a facer piña contra o BNG en lugar de colaborar polo ben do pobo.

¿? difícil gobernar sen adicación exclusiva?

Creo que tódolos alcaldes deberían tela como condición indispensable para poder xestionar sen ningún tipo de atranco. E ese era un dos obxectivos que eu tiña, non podo estar dando clase e máis atender ós veciños porque ó final non fago ben ningunha das dúas cousas. Por iso é complexo, porque eu non son Deus, son o que son e non podo estar en tódolos sitios á vez. E por enriba atópome con cousas tan surrealistas como criticar o traballo que se fixo durante os incendios. Antes do verán gastáronse miles de euros en limpar o monte, pero aínda así ardeu e o dispositivo montado polo Concello fixo todo o posible cos medios que había. Pero teñen a desfachatez de criticar a xestión do alcalde, como seu eu fora o culpable de que o monte ardera. Hai que dicir que eses días a eles nos vin en ningún lado e nin se achegaron ó Concello a ver se había que botar unha man.

Pero estanse a facer cousas a pesar de todo…

Por suposto que si. Vaise facer a reforma do Club Náutico; pavimentar o Camiño de San Xulián; para 2007 o Xacobeo asumirá a mellora do Camiño Portugués entre Carreiras e o cruceiro deste mesmo lugar; Medio Rural afrontará no primeiro trimestre do ano o ensanche do acceso a Toxa por valor de 100.000 euros; remataron os estudios topográficos e xeolóxicos da zona de Redondo para o parque empresarial; vamos firmar un convenio coa Xunta para dotar de céspede artificial ó campo de fútbol Ramón Diéguez, no que se invertirán 300.000 euros; estase xa a facer o proxecto para a posta en marcha de depuradora, unha importante demanda dos veciños que a Xunta costeará con 99.000 euros… ? dicir, estanse a facer toda unha serie de cousas a pesar de estar en minoría e das dificultades que pon constantemente a oposición. Esta é a liña de traballo que seguiremos ata as eleccións e só pido que haxa sentido común e responsabilidade porque actitudes negativas coma as da oposición non levan a nada.

¿Cales foron os maiores logros desta lexislatura?

A gardería foi moi importante, ó igual que o selado do vertedeiro, conseguir que se mellore o Club Náutico, iniciar os trámites para o polígono industrial, adecentar a Cruz de Infesta. Tamén se melloraron pavimentos e se conseguiu, tras moitos anos, que os valeiros poidan pescar os fins de semana e ata o 15 de abril, porque estamos volcados no apoio ós sectores produtivos do municipio. Son cousas que melloran a calidade de vida dos cidadáns e moitas delas conseguíronse en minoría, imaxina se tiveramos a maioría…

¿Que suporá o Obradoiro de Emprego para Cesures?

Permitirá formar e dar traballo durante un ano a 36 veciños, porque hoxe en día hai certo desencanto pola falta de saídas laborais. Poderanse formar en cuestións tan importantes como axuda no forgar, xardín de infancia, xardinería, selvicultura, carpintería ou albanelería. ? importante formarse, pero non quedar aí, senón que o Concello poñerá posteriormente á disposición dos alumnos todo o necesario para que poidan poñer en marcha proxectos empresariais.

¿Ten proxectos na recámara que non poden acometerse debido á minoría?

Un dos fundamentais sería adecentar toda a zona central da vila ?? a Plazuela ?? e facela atractiva. Temos un proxecto para facelo e Industria concedeunos 300.000 euros a dous anos. Pero o Concello ten que poñer uns 72.000 euros e hai que consignalos nos orzamentos, polo que estamos na mesma: a oposición impídeo, por iso a remodelación quedará pendente para cando haxa maioría. Tamén está proxectado adecentar todo o Camiño Portugués dende Condide a San Xulián, e mellorar a zona do peirao, para a que se está a redactar o proxecto en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo e Portos de Galicia para convertela nunha zona de esparexemento, recreo e paseo. Ademáis tamén é fundamental a construcción dun sendeiro fluvial que conecte a zona de San Xulián con Padrón polos vellos pilares da antiga vía de ferrocarril. ? un proxecto viable e tanto Padrón coma Pontecesures imos pelexar por el, pero leva o seu tempo e hai que ter paciencia. Outro dos obxectivos para o 2007 será acometer o saneamento integral, pero terá que ser con investimentos da Xunta de Galicia porque o Concello non pode asumilo con recursos propios.

¿Mellorou a situación do Concello coa chegada do bipartito á Xunta?

Foi un cambio cualitativo e cuantitativo. Nunca se pensou que en Pontecesures poideramos optar a ter un polígono, chegaron investimentos importantes do Xacobeo, tamén para actividades culturais, hai un compromiso de Vicepresidencia para crear un Centro de Día e tamén para o Centro Sociocultural. Foi un revulsivo, un cambio total que hai que agradecer.

¿Haberá presupostos este ano?

A miña idea é tentar presentalos, pero están abocados ó fracaso porque o labor obstruccionista da oposición é constante. Pero é o que nos queda durante os próximos seis meses, esperar a que pasen os Plenos e que haxa un cambio en maio, porque esa é a única esperanza que temos.

¿Presentaráse ás eleccións de maio?

Por suposto que me presentarei se me ratifican o Consello Comarcal e o Local. Ademáis non podo deixar a Pontecesures nas mans destes personaxes tan curiosos da oposición.

¿Séntese respaldado polo partido?

Totalmente, e esa é a clave, que teño apoio non só a nivel local senón tamén dende a Xunta de Galicia. As Consellerías do BNG ??e tamén as do PSOE?? están a axudar á vila dentro das súas posibilidades. ? importante sentirse arroupado e iso demostra que a actitude obstruccionista da oposición non vale para moito. Vale para dificultar, pero non para impedir que se xestione o Concello.

¿Aínda lle quedan cousas que facer polo pobo?

Agora empeza o momento do BNG, sobre todo porque temos na Xunta un goberno que colabora con nós e seguiráo facendo e é neste momento cando pode empezar a verdadeira transformación de Pontecesures con proxectos que están en mente para a próxima lexislatura e que van a ser moi reales, cousa que antes era impensable. Hai moito máis que dar, por iso teño que seguir sendo alcalde.

¿Ve factible conseguir a maioría absoluta no 2007?

Non sei o que pasará, pero creo na madurez política dos veciños e penso que teñen elementos suficientes para distinguir entre os que velan polos intereses xerais e os que tratan de tensionar e crispar mirando só polos intereses partidistas. Eso é o que marcará a diferencia. Eu non vou andar con tonterías, teño que ter a maioría absoluta para xestionar máis e mellor. A maioría é necesaria neste momento para Pontecesures porque non podemos permitir que un grupo de individuos fagan do pobo a súa casa particular.

??¿Estaría disposto a volver a gobernar en minoría?

Aceptarei o que o pobo decida nas urnas e o que os concelleiros voten no Pleno. Ocuparei o lugar que eles dicten.

:: Diario de Arousa :: M. Angueira


15 comentarios

Tilán · 26-11-2006 a las 10:29

A la vista de la noticia, entiendo que:

«Queda inaugurada la temporada de caza».

Bo día.

calamar · 26-11-2006 a las 15:35

…y la de pesca también queda inaugurada!

Dia interesante.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-11-2006 a las 17:03

Pois o alcalde, como fixo en TV Salnés, repítenos a mesma historia de victimismo, de que somos (en especial eu) como un cancro para o pobo e que suplica aos veciños que lle den a maioría absoluta.
Penso que xa repostei a estas acusacións moitas veces e non vale a pena aburrir con estos temas.
O alcalde e o maestro do engaño e do monólogo e non quere debater. Haber que nos explica o vindeiro martes ás 18 horas no pleno. Fago unha chamada para que acudades todos xa veredes como alí non é tan explicito cando teña que explicar os escandalosos subministros de gasoil e outros temas obscuros.
Vou contar unha anécdota sobre a entrevista. Dende hai días o alcalde, enfadado porque saen moitas notas de prensa miñas cunha certa amplitude, non envía notas informativas ao Diario de Arousa. Non lle gosta que nos den bola aos demáis vaia, e colle un berrinche coa encargada da información de Pontecesures nese xornal. Preocupado o director, onte sábado envía a esta encargada para que lle faga unha entrevista ao alcalde co fin de telo contentiño e así sae esta longuísima entrevista en dúas páxinas o domingo (día en que hai máis letores).
Conto isto para que saibades das maniobras que vai facer o alcalde para gañar nos medios (ten unha ventaxe enorme en TV Salnés e nos outros diarios con xestións sempre obscuras e tendo en conta que, con cartos do concello, se encargan reportaxes, felicitacións de Nadal e outros especiais).
Eu xa conto con isto pero o disco xa cansa e o teatro e o victimismo tamén.

Tilán · 26-11-2006 a las 20:08

Hoxe ó ver a nova no Diario de Arousa o primeiro comentario que me veu á cabeza foi: «¿Diario de Arousa non ten con que cubrir a zona de Ulla-Umia?». Pero despois optei pola «apertura da temporada de caza».

O Sr. Alcalde parece que sigue o mesmo esquema que no Pleno Aberto de TVSB no que falou el sólo.

Eso non importa, a imaxe que da é a de unha kata de budo, caracterizada por semejante proxección defensiva, na que ó contrario non lle deixa opción algunha de ataque.

Non será mellor desmenuzar pouco a pouco e respostar cando se nos pregunta.

Sr. Alcalde saiu vostede hoxe nese xornal coma se fora unha tromba de auga, destas que caen estos días, este artigo é a indixestión que leva enriba súa fai tempo, hoxe botouna fora de si toda xunta, dosifíquese.

Semejante alegato, parece que se autoinculpa, xa llo dixen, «Excusatio non petita…»

A oposición (son os malos): son «persoaxes curiosos» «Randulfe incirrador e incitador» «a oposición adícase a emporcar a xestión do Alcalde» «Sabaríz caricatura de sí mesmo», «Psoe receloso dos resultados».

O governo municipal é o simbolo da INTEGRIDADE representado polo seu líder, don Luis M. Alvarez A.

Podo comentar cada un dos parágrafos que vostede bota fora de sí, pero non o vou facer entroutras razóns porque parece vostede un animal ferido, e nesas condicións non está vostede para verónicas e menos para capotazos… Alcalde segues a non dicir verdade, daslle a volta ás cousas e lías a xente, fala claro.

Tres pinceladas.
1ªpincelada: o obradoiro de emprego comisión de selección, actitude torticeira.
2ª: Un dos maiores logros, «Adecentar a cruz de Infesta», ¡que pobreza meu Deus!, debeu de ser difícil o adecentamento.
3ª?s valeiros ata o 15 de abril, seguro que o conseguiches coa túa xestión. O vertedoiro de Condide… cambiachelo para diante da E.D.A.R. ¿sabes cánta merda tés alí? vai mirar, anda, aquelo é o queimadoiro 2ª parte.
Os proxetos da recámara,,,, de risa. Cartos non teño, presupostos non podo aprobalos, a culpa da oposición que non quere que no pobo se fagan cousas..
Espectáculos mediáticos, Circo… Sr.Alcalde vostede o que quere é que ninguén se entere do que fai, só cando vostede quere dalo a coñecer, estilo NODO, noticiario oficial, crónica avanzada polo governo e punto…»OCULTA INFORMACI?N E NON TERÁS OPOSICION». Sr. Alcalde… «Luz e taquígrafos». ¿cal é o problema?

O de sempre, «retirada de dedicación exclusiva», antes de votar, e antes incluso de levar a moción a Pleno, o representante da ACP preguntoulle reiteradas veces e en diversos momentos: o porque se lle pechaban as portas, as razóns polas que se lle negaba o acceso a expedientes, os motivos polos que se lle quería deixar nun plano inferior e sen armas para exercer a labor de concelleiro. Todas esas cuestións saíron nos medios de comunicación, antes de anunciarlle a vostede que se non cambiaba de actitude iba a apoiar a retirada da dedicación exclusiva. ((Ata fala vostede dos velatorios, pois foi un tío digno o don Luis Angel, que queres que che diga Angueira, ti nin ibas, e aquel non firmaba no seu nome, tu lo dices, levaba o selo da corporación para facer constar que alí estivera alguén do Concello, non entendo… ¿Cual es el chiste?))

Sr Angueira, don Oscar Gerpe ofreceulle a vostede o seu voto, o voto do PSOE para darlle a dedicación exclusiva, pero só para vostede non para a súa socia de governo, se vostede dí que non ten soldo para adicarse exclusivamente ó concello, vostede non dí a verdade.

Despois de todo, ninguén lle manda adicarse á Alcaldía deste Concello, se o fai será como algo voluntario, como dí vostede que non é Deus, que non pode estar en todolas partes, ninguén lle manda estar de Alcalde, non se presente, faga ben o seu traballo que é o que ten que facer. Aquí sobran persoas que non teñan que cobrar para exercer a Alcaldía neste pobo, olle cantos xubilados hai, por exemplo…

«Ademáis non podo deixar a Pontecesures nas mans destes personaxes tan curiosos da oposición».

Esto é de epitafio, ¡¡¡que amor!!!!, e se non estás tí… pobre PONTECESURES… manda ca…

Ten vostede outro asalto ó vindeiro martes, o tatami estará preparado (seco para que non resbale, non vaia a ser que culpe «ós outros»), veremos como entra e sae vostede nos ataques dialécticos, porque supoño que non usará o mesmo estilo que no xornal e na televisión.

Boa Noite.

kaka-tua · 28-11-2006 a las 20:52

Por fin algo interesante do que falar!!! Que razón tes:? Queda inaugurada oficialmente a campaña preelctoral (e a de caza ,e a de pesca…)
¿A estratexia deste BNG e do seu líder Molulo?: CLARA…
– ¿Por qué esta entrevista agora? Euros e proxectos, proxectos e euros: para botar unha CORTINA DE FUME SOBRE O GASOIL, ¿ou non?
– Pides a maioría absoluta, pois sabes que os pactos contigo van estar difíciles de acadar ¿por qué será? Que todos coincidan que non eres home de palabra é coma para saber que NADIE CONFIA EN TI… coma para pactar algo para gobernar.
– Ataque voraz ó PP: ¿recordos do pasado, ou medos de futuro? Sobre todo leña a RANDULFE… E A SABARIZ, (que che farían, ¿ou é que te coñecen ben?). Sabariz, o que segue sendo o protagonista mediático POLOS CAMI?OS E CORREDOIRAS E TABERNAS (sen acritude) e que causou revuelo o dia da selección do obradoiro, alí na porta, dando a cara. Por certo ¿a ti non se che veu ese día? Medo a non poder cumplir con todos os postos de traballo prometidos?.
– Apenas algo de ??leña? ó SOE ó principio da entrevista, sobre todo falando en pasado… a anterior lexislatura, resultados electorais…. ¿Non queres cabrear a ese ??torito bravo? que é Oscar, ou queres quedar ben diante do SOE, PARA QUE TE APOIEN O DIA DA INVESTIDURA EN 2007 ?
– Seguimos ca exclusiva a voltas, PERO SE ESTAS DEMOSTRANDO QUE NON CHE FAI FALTA. Estás agora mais polo concello que nunca ¿Puxeches a outro a dar as clases por ti? Quen ande pola rúa ou pase diante do concello verá o coche do alcalde, ou a el mesmo,a todas horas. Ou sexa, que ANTES PODIAS ATENDER O CONCELLO PERO NON TE ESFORZABAS… ¿Ou é que agora non tes náutico para facer deporte, escondendote alí media mañán…?

Pero o malo é que é tarde: A MI?A CONFIANZA PERDÍCHELA, E SON 6 VOTOS, e coma a miña a de moitos… Levaches ti ó concello a esta situación e non vale escudarse nos demais.
E de paso che digo que estás convertendo en ??martir? a Sabariz…e que non che dea unha sorpresa todavía, pois pode parecelo, pero eu non o vexo nada tolo.
¿Ti eres honrado ou o pareces nada mais?
Quedamos atentos ó do gasoil que nos deparou o pleno, e ós próximos dias, pois esto non queda así…

Latín(Retro) · 28-11-2006 a las 21:56

Hello kktúa, welcome to the club where de minds is opened.

Ce soir le chef de la maison de la ville a eté trés petit, alors, je me demande ¿pourquoi?

Molulo, vaite, vaiase señor molulo, vaiase. Non agrave máis a situación.

maria · 29-11-2006 a las 16:08

O da cruz de Infesta, de película e con eso pensa gañar votos ou perdelos?????.Grazas o Sr. Sabaríz que se preocupou polo menos cando puxeron a ridícula Cruz.A Cruz de Infesta e o faime rir de todo o pobo e máis dos peregrinos que pasan todolos días, con deciros que pasan a andar pola carretera porque polas superaceras que puxeron non hai quen ande. Gracias os gobernantes do concello e en especial os concelleiros veciños de Infesta.

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-11-2006 a las 17:24

Ainda que está mellorada, a min segue sen gostarme a cruz colocada en Infesta, «maría». Iso non é o cruceiro típico de Galicia, e máis ben lembra, en pequeno, a Cruz do Valle dos Caídos. A de antes xa era de escándalo pero a de agora tampouco lle gosta a ninguén.

Antonio Cortés · 29-11-2006 a las 17:54

¿ Alguén ten unha foto desa cruz ?

Para os que estamos fora non estaría de máis poder saber de que estades a falar. Eu ata o nadal (que falta ben pouco) non poderei vela.

Tiroliro II · 30-11-2006 a las 01:45

A entrevista foi unha bazofia e nótase moito que o alcalde está agresivo e cargando contra tódolos da oposición. Esta táctica vai ser a súa ruína porque estes contos cada vez convencen menos.
Angueira, prepárate pois de aquí a maio dixéronme que vante atacar dabondo. Sobre todo Sabariz que garda documentación sensible que non sei de onde a saca. E a túa verdadeira tortura.

Tuso · 30-11-2006 a las 09:37

Despois de ler a entrevista salín pitando cara o espello, para ver se me saira cara de parbo.

Creo que este entrevistado vive nun «Cesures Paralelo», onde todos os habitantes chupan o dedo.

Flor · 30-11-2006 a las 16:57

En la entrevista se aprecia un alcalde desencajado y sin rumbo.
Otra cosa, hai dirección única en Infesta tras la criticada obra del acondicionamiento con la cruz a cuestas. Es desde el colegio hacía la carretera, o sea al revés del camino portugués. Hay un tramo de doble dirección y así desde la carretera se puede subir hasta la casa de José. Claro así el Sr. Baliñas puede entrar en su garaje en las dos direcciones sin problemas.

Flor · 1-12-2006 a las 18:04

Yo no me lo creía pero es cierto que el alcalde cuando habla con la gente y se refiere a Sabariz siempre le dice que está enfermo y que no se le puede hacer caso. Me lo contaban muchos vecinos pero lo pude comprobar porque hoy por la mañana oí al propio alcalde decírselo a una persona. Que campaña de desprestigio personal le está haciendo. Pero que no se olvide que se le volverá contra él porque Angueira tiene mucho que tapar y eso lo sabemos todos y todas…..

saca-puntas · 13-12-2006 a las 18:26

Xa temos unha nova patoloxía na tribu ??a síndrome do cacique?. ¡ O pobo e meu como vou deixarllo a ninguen sexa da oposición ou calquer outro. Mi tesoooooro! . Pois nó. O pobo e de todos ainda que neste momento mais ben parece un estado policial. E como dicia Guerra, o que se mova non sale na foto.

Paspallás · 8-01-2007 a las 01:04

Sei de boa tinta que Maribel encargou unha cruz para Infesta pequena e sinxela, para que cando teña que enfrontarse a aquelo de «llevar la cruz a cuestas», non lle resulte tan penoso.

Responder a kaka-tua Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.