Carlos Abellán: «Levamos vinte anos dándolle as cóstas ó tren e iso fai que o sangue ferva»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Entrevista con el Presidente de la Federación Española de Amigos del Ferrocarril.

?? A pasada semana a comisión municipal para a permanencia do tren de cercanías entre Vilagarcía e Santiago reuniuse coa xerencia do Eixo Atlántico. ¿En que consistiu esta reunión?

?? Foi unha reunión moi ampla, de catro horas e media de duración. O que se trataron foron tres temas moi importantes: a viabilidade do proxecto de cercanías entre Vilagarcía e o aeroporto de Santiago, a proposta dun tren diario a partir de maio do ano que ven dende A Coruña a Oporto e as posibilidades dun estudo para a chegada do tren de alta velocidade ao sur de Galicia.

?? ¿Cal é, segundo vostede, o futuro que lle espera a liña entre Santiago e Vilagarcía?

?? Hai que traballar moito, e darlle valor ao que temos. Agora mesmo se ninguén o remedia, unha vez que entre en servizo a nova variante de 33 kilómetros está previsto o desmantelamento de todo este tren de cercanías. Isto vai supoñer que entre Vilagarcía e Santiago non habería ningunha parada intermedia. Polo tanto, vilas de importancia poboacional, turística, sociocultural, económica… como Padrón, Pontecesures, Catoira ou Valga quedarían sen servizo ferroviario. Nós o que queremos é que non levanten esto, vamos a darlle valor, vamos a potenciar coa implantación por primeira vez en Galicia con líneas de Adif as redes de cercanías, e que ademais de manter as paradas que xa existen crear novas paradas, como é o lóxico nun tren de proximidade ou de cercanías. Ademais queremos darlle importancia porque chegado o momento hai que convencer ás administracións que realmente é unha auténtica posta de futuro. Ademais, tamén pedimos a ampliación da liña ata o aeroporto de Santiago, Lavacolla. Esto é fundamental para vertebrar a nosa comunidade.

?? ¿Cal é a idea que ten a Asociación do Ferrocarril para o tren de cercanías?

?? O que hai que facer e deseñar unha rede de servizo de transporte que estén todos comunicados, e onde habería que comezar a falar do billete combinado, é dicir, que o billete lle serva para ir no autobús como no tren para chegar ao seu destino. O que queremos é facer un proxecto global que aglutine a todas as estacións que xa hai, e se fomento o uso do transporte público. O que queremos en que con novas paradas, concellos como Ames, Teo… poidan beneficiarse. Depois, unha cousa vai tirando á outra. Tamén queremos que haxa un metro lixeiro que una a vila de Compostela con vilas como Bertamiráns, Milladoiro… ou como co hospital Clínico, co Campus Sur, coa Xunta de Galicia, co Polígono do Tambre ou coa Cidade da Cultura.

?? ¿Con que sensanción saiu vostede desta reunión?

?? O Eixo Atlántico é un organismo moi importante, que aglutina a dez concellos, e temos que estar todos de acordo. Propúxose, entre outras cousas, levar este proxecto ao Parlamento de Galicia, e xa solicitei unha entrevista coa presidenta do Parlamento, e falaremos cos grupos representados no Parlamento. Aínda que as competencias neste momento lle corresponden ao Ministerio de Fomento.

?? Santiago atrae a millerios de persoas cada ano de diferentes puntos de Galicia, entre turistas, estudantes… perder esta liña sería moi perxudicial…

?? Si, e o mesmo que veñen a Santiago, tamén van de Santiago a outros puntos de Galicia. O caso de Padrón, por exemplo, a estación está case ao lado da Fundación José Cela, a Casa Museo Rosalía, o propio mercadillo… se vas en coche tes que estar unha hora dando voltas para atopar sitio para aparcar, o fácil sería coller o tren. Levamos vinte anos así, e a verdade é que ferve o sangue.

?? A Xunta manifestou o seu aopoio á permanecia do tren de cercanías…

?? Si, recibímolo con certa delicia por parte de todos.

?? Ademais, a Xunta asegurou que crearía un ente xestor…

?? Nós entendemos que hai que desenrolar a lei de transportes terrestres, ten que aprobarse a lei de ferrocarrís de Galicia e despois desenrolar o ente xestor de infraestructuras. Hai cousas que se poden facer, porque a Xunta ten convenios con Renfe. Tamén a Xunta está aportando cartos dende o ano 2001 para poder adiantar os cartos para axilizar o Eixo Atlántico: Ferrol-A Coruña, Vigo-fronteira portuguesa, a entrada á meseta dende Ourense cara a Madrid…

?? ¿Cre que será unha realidade que haxa unha liña que una as cidades de Santiago e Oporto?

?? Eu penso que é fundamental. Xa houbo no ano 76 unha relación directa e diaria Oporto-Santiago-A Coruña. Nós o que entendemos é que o Eixo Atlántico, todo o que é norte de Portugal e a nosa comunidade, é un filón, por monumentos, por turismo, por traballo, por desenvolvemento… O que queremos é que a partir do un de maio ao 31 de outubro haxa dúas relacións diarias: unha a primeira hora da mañá e outra a última hora da tarde. Trátase dunha necesidade de vertebrar unha eurorrexión moi importante, moi poboada, o importante é que se faga.

?? ¿Cal é a idea que tendes para que a alta velocidade chegue ao sur da nosa comunidade?

?? Agora mesmo o AVE ao sur de Galicia estaría por Ourense, Maside, Cerdedo, Portela e despois ata Vigo. Son 115 kilómetros cunha inversión de 1.450 millóns de euros e que nós consideramos que non vertebra a comunidade nin supón unha mellora, nin para Vigo nin para o norte de Portugal. Nós lle pedimos ao Ministerio que valore outras alternativas. Cremos que a variante de Mondariz de 115 kilómetros de Vigo a Ourense, quedarían en 80 km, polo tanto é unha reducción importante. A nosa idea é conectar Ourense con Vigo, pasando por Mondariz, e con posibilidade de chegar a Pontevedra e a Vilagarcía.

TIERRAS DE SANTIAGO, 07/07/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.