O pleno de maio

Publicado por bngpontecesures en

Valoración do BNG sobre o acontecido no pleno ordinario do luns 25 de maio de 2009.

O BNG de Pontecesures fai as seguintes valoracións:

1ª En relación coas mocións apresentadas polo BNG. sinalar que, unha e outra vez que o BNG apresenta mocións para a súa aprobación , ás cales o equipo de desgoberno ve moi difícil votar en contra, este usa a estratexia de apresentar mocións alternativas ou enmendas á totalidade, como nesta ocasión, variando un pouco as peticións do BNG e só para non dar por boa a inciativa do noso grupo intentado ocultar así a súa falla de inciativa en temas como os tratados.. O BNG lamenta esta actitude pero aínda así e pese a elo, o noso grupo municipal votou afirmativamente aos cambios introducidos, pois o que se pretendía era por un lado a retirada por parte da Igrexa dos símbolos franquistas e relacionados coa guerra civil que figuran na fachada da igrexa parroquial de Pontecesures, e por outro deixar plasmada a actitude de Pontecesures en contra da producción de cultivos tranxénicos.

2ª. En relación coa proposta do tripartito acerca da modificación feita no IBI, o BNG mostrouse a favor de subirlle o IBI á autopista ao tipo máximo que permite a lei, pero manifestou que lle sorprendía o silencio mostrado unha vez máis polo PP do Sr. Randulfe, que intenta pasar desapercibido sobre as cuestións de impostos, cando hai dous anos a súa principal promesa electoral foi a baixada de impostos para os veciños e veciñas, e o único que fixo foi, pola contra crear impostos novos ??apretando? máis aos cesureños.

No apartado de rogos e preguntas, estas xiraron fundamentalmente sobre cinco asuntos, como forn a festa da lamprea, a feira do automóbil,o alumeado público, a tala de árbores do centro do pobo e a organización do entroido, amén de outras preguntas sobre arranxos e propostas de obras.

Festa da lamprea: O BNG lamenta a actitude deste ??desgoberno? en relación coa compra das lampreas e cos ??Valeiros? pois encargóulle esta únicamente a dúas persoas sen ofertarlle a posibilidade ao conxunto dos valeiros e máximo cando este ano foi un ano de lampreas..

Os mesmos integrantes do equipo de goberno do PP e Sabariz puxeron en dúbida a procedencia das lampreas desta edición, mentras polo PP se decía que todas as lampreas procedían do Ulla, o tránsfuga afirmaba que él non sabía de onde eran as lampreas. A acaldesa nin sabe nin responde e é de coñecemento de todo o pobo que as lampreas non eran siquera galegas.

Así o tripartito admitíu que non se falou cos valeiros, que tiñan que ser estos os que foran a ofrecerllas si querían, e o que é peor, desprezaron públicamente a este colectivo do noso pobo, sinalando que non lle importaba esta festa, que non colaboraban con ela e que preferían ??quedar na cama ese dia?, en palabras do tránsfuga Sabariz. Esta actitude do tripartito contra os valeiros parécenos totalmente inadmisible.

Feira do automóbil: No pleno quedou constatada a nula implicación do desgoberno municipal coa feira de automóbil Fegaclasic. Non só coas respostas dadas aos concelleiros do BNG no turno de preguntas senón no propio informe que leu a alcaldesa das actuacions desta para coa asociación cultural ??Mirándolle os dentes? dende o mes de xaneiro ata a propia feira, informe que no seu conxunto mostra con rotunda claridade a cantidade de obstáculos e trabas burocráticas que se lle impuxeron á organización cultural formada por veciños de Pontecesures. O seu desexo foi claramente que a feira fracasara.

Non contestaron, razoadamente nin cun mínimo de seriedade, porque dende o concello non se fixo aportación económica algunha á feira, só se lles ocorreu dicir que xa puxeron os municipais a traballar esos días e eso custou cartos en horas extraordinarias (como si non tiveran aos municipais a traballar esos días nos actos que celebraron na prazuela o sábado e o domingo con motivo das letras galegas). A alcaldesa minteu ao afirmar que todos os anos se celebraban actos das letras galegas o sábado e mailo domingo, cando é a primeira vez que no domingo se celebra algún acto, curiosamente para ter desculpas para que os organizadores da feira non poideran usar a prazuela. Todo foron obstáculos e trabas boicoteando a feira: baños, cortes de tráfico, etc

A mesma Maribel Castro, nun acto de cinismo e mala educación comeza o seu informe de presidencia felicitando aos grupos que participaron no festival das letras galegas e nin unha soa mención á asociación cultural ??Mirándolle os dentes?. Ante a pregunta, de porque non actuou nesta ocasión coa representación institucional que obstenta asistindo a algún dos actos da Feira, é á que foi invitada formalmente, resposta que ??non sabía que tiña que facer alí e que tiña cousas máis importantes que facer e que non ten porque dicilas aquíí e que xa mandou a un concelleiro que fora por alí?, mostrando deste xeito un aboluto desprezo á asociación, aos veciños que a compoñen, á feira e ao que supón de prestixio para Pontecesures e a todos os veciños en xeral.

O Grupo Municipal do BNG manifestou a vergoña axena que supoñen estas actitudes de todo o equipo (do PP de Randulfe, do tránsfuga e máis da alcaldesa Maribel Castro) para cun evento tan importante para este pobo como xa é Fegaclasic. Tremendamente lamentable antepoñendo intereses propios e ánimos revanchistas co interés de todo o pobo.

Alumeado público.
Voltouse a preguntar polos permisos aos veciños para colocar o alumeado público nas rúas centrais do pobo, contestando o Sr. Randulfe (prácticamente non tiña intervido em todo o pleno e para como o fixo mellor que seguira calado) que si se lle habían pedido permiso aos propietarios de todas as vivendas onde se instalaron as catenarias, citando o grupo municipal do BNG toda unha serie de edifícios onde con total seguridade se colocaron tales sen a mínima consideración de falar cos seus propietarios, deixando ao concelleiro do PP como um ??mentireiro? unha vez mais. A xuízo do BNG este tipo de alumeado non é o idóneo para este pobo, non só estéticamente (poden considerarse auténticas ??bacenillas colgantes?) que cun pouco de vento non farán outra cousa que meter ruido, senón que mais cableado polas paredes e atravesando a rua de parte a parte amosan unha imaxe do pobo que non nos gusta em absoluto.
Dende o BNG pedimos que se proceda ao soterrado do cableado (telefônica, electricidade, etc) pois é o que se está a facer em todas partes.

Organización do entroido
Despois da deficiente e nefasta organización do entroido neste ano, na que a Sra. Alcaldesa se repartiu os premios para si misma, e de diferentes categorias, o BNG preguntou porque se estaba a ??marear? aos pais dunha parella que resultando cun premio no concurso de disfraces, a dia de hoxe ainda non se lle dou este. ¿Como é posible que lle outorguen um premio e logo non se lle entregue porque según o ??desgoberno municipal? o premio xa llo deron a outros e agora non saben a quen foi?. A que altura de esperpento chega a actuación da Sra. Alcaldesa e dos seus socios, que fan ir polo concello aos pais dos afectados xa em tres ocasións e inda hoxe non recibiron tal premio, figurando como merecedor del na páxina web ofical do concello de Pontecesures. A resposta, ante a evidencia dos feitos, non foi outra que se intentará facer mellor para a próxima e xá está.

Tala de árbores xunto ao monumento ao Coche de Pedra. O BNG preguntou porque se habían talado as árbores nesa zona, se a política deste desgoberno era talar árbores e sustituir por cemento. Previamente, nos informes de presidencia, por primeira vez, a Sra. alcaldesa delegou este tema no tránsfuga (debe ser que ela non tiña estudiado o asunto) e este leu um amplísimo dossier, que o único interesante que viña a decir era que as árbores estaban em fase de senescencia, é dicir que ian indo para vellas, e que aconsellaban cortalos e comprar outros.

Dende o noso grupo municipal manifestámonos totalmente en contra desta decisión e poñemos en tela de xuízo tal informe, pois quixemos contar coa opinión dunha experta na materia, que se personou no lugar e da análise dos restos, asegurou que estas non tiñan enfermidade algunha e que ao seu xuízo gozaban de perfecta vitalidade, atendendo ao estudo das raíces, resina e outros elementos.

O tránsfuga manifestou que non coñecía nin oira a nadie do pobo, salvo aos ??nacionalístas? que estivera disconformes coa tala destas árbores. A resposta do BNG foi: ??vostede non oe o que non lle convén?


10 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-05-2009 a las 10:09

Queda claro que ao BNG vaille moito o monólogo, o desexo de que non se fagan cousas (doelles moitísimo que se fagan as obras do centro) e, por enriba do todo, trata de enfrontarnos a colectivos para obter réditos electorais. Mal camiño. sen dubida.
Vou só comentar unhas cousas, polas alusións que me fan:

1.No pleno comentei que os dous valeiros que venderon as lampreas aseguran que son do Ulla, engadindo que, obviamente, eu non podo corroboralo, «que non lle mirei a matrícula». Par nada dubidei da procedencia. Dixen sí, que o alcalde anterior si traíra integramente a lamprea dalgunha edición de Portugal. Diso non dí nada a nota do BNG. Precissamente Cecilia Tarela dixo: A min non me digan nada do que pasou antes». Esquécese de que o responsable é todavía o voceiro do seu grupo político.
2.A frase dese valeiro sobre a non colaboración, foi pronunciada en 2000, non agora. Testemuña, o alcalde anterior, pois foi dita nunha xuntanza co colectivo. Ao pan pan, e ao viño viño. Non minto, digo o que pasou, e non son hipócrita nin teño que facerlle a pelota a ningúen. Non é de recibo que a persoas que tiñamos como obxectivo defender un producto que capturan se nos conteste dese xeito.
3.Tampouco din que na miña intervención manifestei que desexaba que non se atacara así o evento municipal da festa da lamprea. Sempre a liala coa procedencia descualificando a festa.
4.Tampouco se comenta na nota que Cecilia Tarela non deixou enganchar a catenaria do alumeado na fachada da súa casa. Pero é que ademais comentou a viva voz no pleno: «A min o alumeado das rúas centrais me la refonfinfa» Dende logo é unha fase moi ilustrativa dunha concelleira que debe defender os investimentos. Despois fala ela de boicots. Quería que o alumeado «descarrilara» por oposición da xente. Vaia actitude, e vaia educación pronunciando esta frase despectiva nun pleno.

Na sesión deuse todo tipo de explicacións, púxose a disposición toda a documentación, falaron os compañeiros da oposición o que quixeron e sen límite de tempo. Que comparen isto co que ocorría nos tempos do Sr. Álvarez Angueira (nagativa a contestar, levantamento de sesións, intervención do Valedor do Pobo, aviso á Garda Civil para que viñera a algún pleno, etc…)

manolo o do bombo · 31-05-2009 a las 12:16

Sabariz non esperaba menos de ti con esta nota,pos a parir o bng cando ti non dis a verdade,en primer lugar o tema das catenarias si fixerades as cousas como ten que ser o sea pidindo permiso no seu momento a xente creo que non haberia problema,pero o señor Randul vai de prepotente e asi vos vai,non solo foi cecilia aque non deixou si non que hay moita mas xente estas faltando a verdade,e ti sabelo ,con respecto os arboles,porque tuveras un informe xa e creible,o dos demais non vale que cinico eres.

Cara de cona · 31-05-2009 a las 17:27

Ban Saba ben….daslle onde doe….angueira pasando escondido fallou ao pleno…e vai esta lista da da Cocha a formar líos…pero se angueira traía a lamprea de canto sitio había de portugal de francia ou de onde fora….pero si presionou a xunta do bloque para que nao pasado non viñera a ITV a festa do automovil….e veñen agora estes a defender o que?…as farolas quedan de puta madre…ata lle gustan a manola a da librería que xa e decir…hai bloqueiros bloqueiros….os votos se van….o mitín do venres nin dios…nin os da lista foron….que razón tiña un que dicia que collían todos ben na caseta do cura…jo…jo…jo…

pedro da cachopa · 31-05-2009 a las 18:26

y dijo yo.os señores comunistas jallejos,no dijieron nada no cachopo de ladrillos jrande que ainda está na leira do ayuntamiento de valja.hombre yo soy persona mui solidara e moi humana,porque si os dentes jrandes non poder sacar dalí eso,despues que se oblijasen los del untamiento,non teño problema que baixar nunha carrerita dun can ata san lois co mi tractor con remolque e jrua para carjar alcolitros e axudar a coller o pedestal a os dos dentes,e levalo para su antijua morada antes que los del untamiento,con rasón,les meta una multa por non devolver las cousas propiedad del untamiento e por lo tanto propiedade de los veciño honrados pajadores anualmente da contribusión.
e por sierto,que callaron toditos,y no dijieron ni que si nin que no,de que el dia da feira os que tiñan coches vejos o dominjo para enseñar,os dos dentes les querian cobrar o menú,e entonses escaparon todos do pueblo a comer en sus casitas a justo e sen ruidos da finsa.Haber explicasión desto de forma rapida y sensilla deste contubernio,porque si non se niejan ante el jran público estes dixome dixome das vellas,entonses é verdá ó calar todos coma petos.eu sinvito a las personas a un sitio coma mi casita bonita non che vou cobrar por comer os xamóns bos que teño coljados dos meus porcos jrandes vien matidos que matamos sempre.e marcho que fai calor e vou al prado a avrir el rejo da auja para que non se sequen as maravallas para os conexos.

estudiante · 31-05-2009 a las 19:48

Xa estamos ca cantinela de sempre o Sabarís cando se ve acoRralado e «jodido» non lle queda outrA que volver a súa muletilla habitual:
Angueira tal, e cual, e tal e cual, vamos o arjumento de sempre. Vaia arjumentación ó que din os do bloque que pasou no pleno.
UN FEN?MENO.

estudiante · 31-05-2009 a las 19:52

E a cara de cona corrobora e segue na mesma liña, pero faltona (ou faltón), Xa solo falta Tiroliroliroliro, para que interveña as tres personas e un solo dios verdadeiro.
Veña tiroliroliroliro, non te arrujes ajora.

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-05-2009 a las 21:02

¿Acorralado?. ¿Por que vou estar eu acorralado?. No pleno din as explicacións que anunciei, cumprin coas miñas obrigas, e ogallá houbera moitísima xente no salón.
? curioso, «estudiante» o que facían os nacionalistas, sobre todo o Sr, Baliñas, no pleno. Non querían que contestase eu ás preguntas nin de broma. Exemplos hai sobrados en varias corporacións ou parlamentos en que as oposicións bótanlle en cara aos gobernos que non se contesta, que non se quere comparecer, que se buscan trabas e se demoran as explicacións. Aquí é todo o contrario. Non desexan escoitarme e incluso se enfadan.
Imos facer un simil futbolístico. Os enfrontamentos políticos son como unha eliminatoria copeira a dobre partido. Despois do de ida, ven o partido de volta. Pero o BNG de Pontecesures parece que só quere xogar a ida.

estudiante · 31-05-2009 a las 21:56

Veña cara de cona e tiroliroliro, desdobladevos e o ataque, que o personaxe de Sabarís está un pouco noqueado, non tardedes moito, que esto se enfría.

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-05-2009 a las 22:09

Non necesito apoios neste medio para que saia á luz a verdade «estudiante». Aquí estou con nome e apelidos para dar a cara. Reitero: vin ao concello a tratar de que se fixeran cousas por este pobo, sen percibir absolutamente nada a cambio. Gustará máis ou menos o meu labor,se valorará moito ou pouco, quedarei sen apoios na rúa, o que sexa…Pero a conciencia sempre tranquila e a cabeza alta. Algúns non poderán dicir o mesmo. Ao tempo.

furabolos · 1-06-2009 a las 13:41

aiss bloqueiros bloqueiros.. que duros vos volvedes na oposicion.. falades da festa da lamprea cando podemos decir, que non foi a mesma merda de todos os anos organizada polo grandioso goberno de angueira! porque os señoritos ben que comian na «estacion norte» e ben que repetian ano tras ano a mesma CUTREFESTA! das «vasenillas»jaja,alumeado de baixo consumo que odiades unicamente porque non o puxechedes vos claro.. e vades de ecoloxistas?? jaja claro!… co conto da tala das arbores do coche de pedra,agora que sodes, como a baroesa thyssen?? NO a la tala!!! dalles caña Sabariz! e tes razon home,es o unico que da a cara aqui!

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.